Ola científicas e científicos!
A casa vaise a converter nun pequeno laboratorio. Imos experimentar como profesionais e a familia vainos a apoiar (non facer por nós, nin "chivar" 😏).
A casa vaise a converter nun pequeno laboratorio. Imos experimentar como profesionais e a familia vainos a apoiar (non facer por nós, nin "chivar" 😏).
Pasos:
- Preparar o material
- Ler as instrucións
- Facer unha hipótese (imaxinar o que sucederá antes de comezar)
- Escribir nun papel a hipótese
- Levar a cabo o experimento
- Comprobar se a hipótese foi certa ou non
- Rexistrar os resultados cun debuxo
Tinta máxica
Queres crear mensaxes
secretos? Atende ben a este experimento.
Preparación:
1.
Espreme o zume de
limón nun cunco e engade unha cullerada de auga.
2.
Mestura e, cun bastoncillo
ou pincel, escribe a túa mensaxe no papel.
3.
Deixa secar.
4.
Pon unha vela debaixo
(sen poñer o papel demasiado preto).
Que pasará?
RESULTADO: O zume de limón oxídase e ponse de cor marrón cando se quenta, por iso podes ler a mensaxe.
Aínda nada?
Material: 2 botes transparentes, algodón, sementes (lentella, garavanzo, faba), auga.
Preparación: Poñer en cada bote algunhas sementes, envólveas co algodón
bote 1: mantén a humidade diaria no algodón (non o enchoupes)
bote 2: non lle poñas auga
Podes elaborar unha táboa cos días da semana e anotar o que pasa?
Nota ás familias: co calendario aprendemos sobre orientación temporal, axuda ás nenas e nenos a organizarse e dálles seguridade.
- que día da semana é hoxe? onte? mañá?
- que día ven despois do xoves? antes?
- que día do mes é hoxe? onte? mañá?
- que día ven despois do 21? antes?

RESULTADO: xerminaron as sementes que tiveron auga e luz. As que non tiñan non lles pasou nada.
O CD e a auga
Material: CD, recipiente con auga, lanterna
Preparación: encher o recipiente con auga, mergullar o CD no recipiente, iluminar o CD cunha lanterna.
Que sucederá?
RESULTADO: Fórmase o arco da vella. 🌈
O ovo e a auga
Material: 2 vasos, auga, culler, sal, 2 ovos
Preparación: 1º vaso: verter auga dentro
2º vaso: verter auga dentro, engadir 2 culleres sopeiras de sal e remover.
- Meter un ovo en cada vaso e… que pasará?