unha das cousas máis reconfortantes para as nenas e nenos é observar como progresivamente van superando situacións que lles fan crecer, ser máis autónomos e sentir que teñen un lugar.
Cada semana, iremos propoñendo novos retos persoais que irán acadando pouco a pouco e se vos apetece, podedes enviarnos fotos ou vídeos ao correo da aula para ver como están os campións e campioas.
Retos:
- Vestirse- desvestirse: sacar e poñer o xersei só non é tan fácil 😉
- Darlle a volta á roupa que estea do revés
- Dobrar as prendas: pixama, calcetíns...
- Ordenar a roupa no armario: colgar nas perchas, clasificar nos caixóns...
- Levar a roupa sucia á cesta ou lavadora
- Axudar a tender
- Poñer a mesa (conta primeiro cantos sodes)
- Escachar ovos, batelos, pelar os cocidos...
- Lavar e cortar alimentos con coidado
- Regar e coidar as plantas
- Facer a cama
- Limpar ó po
- Varrer ou aspirar
(O pdf está na BIBLIOTECA DE CONTOS) - Subir e baixar cremalleiras
- Calzarse
- Atar os cordóns
Axudamos a recoller despois de cociñar...
- Secar a louza ou recoller o lavalouzas e clasificar cada cousa no seu sitio
- Limpar a cociña (mesado, vertedoiro…)
- Fregar a louza
- Elixe ti o seguinte reto...
