Lóxica e matemática!


Aterrizaches nun mundo infinito de diversión!!

Está presente na música, arte, lingua, construción.... verdade arquitectas e arquitectos?
Pensade en formas da natureza, tamaños, cantidades, series, cancións, bailes, pinturas... Imos xogar en 10, 9, 8, 7... 

Estimación xoguetes

Familia: metede nun tarro transparente ou bolsa bastantes xoguetes (coches, superzings…)
Nena/o: cantos cres que hai?  

-Despois de facer a estimación, contade e comprobade xuntos quen acertou ou se aproximou máis á cantidade. 

-E maior ou menor do que pensabades?



Non todo vai ser sumar, acórdate de restar!!
 
Descomposición numérica
  •  Despois de xogar cos veciñas/os no edificio, atrévete a facer outras combinacións só cos números.

  • Mira este edificio, só poden vivir 6 veciños por planta… cantas combinacións se poden facer?
       É dicir, cantas formas de sumar 6 son posibles? Crea novos exemplos



Simetrías: 
Familias: Trazade unha liña e creade dun lado distintas formas.
Nenas/os: Completade en espello a outra metade



Penso, preparo, mostro
  
Acordaste deste xogo? Imos a enviar un vídeo por correo electrónico por se te esqueciches!

Familias, é unha dinámica divertida que favorece o cálculo mental, a comprensión e expresión oral.



📌Deixa voar a tua imaxinación facendo series a montóns!

📍 Con tres platos, tapóns e pasta, coas sumas que ben se pasa!



Xogos de mesa:

- Parchís, oca, damas, xadrez...
- Tres en raia: podes crear pezas especiais con cartón, distintas pastas, tapóns...
- Cartas: ordenalas por número, por pau, cinquillo, burro...
- Bingo:
Cartóns ata o nº 39
  • Material: Bolsa opaca e números escritos en cartón, tapas... Pincha na imaxe para obter cartóns ata o nº 39, podes imprimilos ou copialos. 
  • Xogo: Mete os números na bolsa e vai sacando de un en un sen mirar e cántaos en voz alta. Os xogadores deberán tapar/tachar os números que cantaron no seu cartón. Se consegues tapar todos os números do teu cartón grita... BIIINGOO!!!



A profe María💖 é moi orixinal, xoga con números dunha forma especial!! 

Busca o número que falta da serie e colócao no lugar correspondente. Crea outros exemplos

Realiza sumas con distintos materiais que tes na casa.