Con Arte!

TIC - TAC
Crea o teu reloxo orixinal con distintos materiais:
  • Escribe os números do 1 ao 12 
  • Unha agulla grande 
  • Unha agulla pequena

    - Coloca os números ordenados facendo un círculo

    - Pon as agullas no medio e vainas movendo para cambiar de hora.

    1. Que hora é? 
    2. A que hora empezan os teus debuxos preferidos? 
    3. A que hora merendas? 
    4. Cal é a túa hora preferida do día? Por que?


SIMETRÍAS 

Completa a parte que falta dos debuxos que che gusten: persoas, animais, froitas, obxectos... 

   
 

MANDALAS
 O Mandala, que significa círculo, aparece en moitas culturas antigas. É un elemento que representa o Universo e ten unha característica moi particular; se o miras do dereito, do revés, de lado… sempre é simétrico á outra parte. 
Agora que xa coñeces cal é o medio e  practicaches algunhas simetrías, proba a construír o teu con elementos da natureza.


Pista: Pensa nun reloxo, sinala o medio e comeza a poñer elementos como se foses seguindo os números…

Arte na casa

Convértete en artista con materiais que tes pola casa.  

Deixa voar a túa creatividade e sorpréndenos!



Saca unha 📸 da túa obra e envíanola ao correo da aula