Lectoescritura

Calma familia! Acabades de entrar nunha das vosas grandes preocupacións. Antes ou despois aprenderemos a ler e escribir, pero... ao seu debido tempo, que non sempre é igual para todas e todos!

Na aula traballamos a partir da escritura espontánea, incidindo no son de cada palabra e evitando a copia. É dicir, primeiro escoitan a palabra e pensan, a escriben no seu papel e unha vez realizado, poden comparar coa que temos nós escrita no noso.  

O máis importante é favorecer o gusto pola lectura e a escritura, sen presa pero sen pausa!

Materiais: Lapis, Cores, Papel, Garbanzos, Palillos, Paus, Plasti... 


  • Lista de cousas
Para ir á praia tes que facer a mochila, que precisas?  

* Colle as cousas e ponas enriba da mesa! 

Familia: escribide nun papel a lista de cousas que elixiu (sen dicirlle cal é cal). 
Nenas/os: Ledes as palabras e tachades as que ides poñendo dentro da mochila.
- Crea novos exemplos  


  • Cada maiúscula coa súa minúscula
  • Que froitas se esconden? Completa as letras para adiviñalo. Crea novos exemplos

  • Palabras escondidas
    Neno/as: Escribe algunhas das palabras do conto "Aínda nada? nun folio, oculta o folio nunha bandexa de: arroz, fariña, area… e búscaas. 
    Familias: Escribide outras palabras que terán que buscar e tentar ler.

  • Pensamos palabras que empecen pola letra ou sílaba que elixades e dicímolas en voz alta... Ex: Pala, patio, paraugas... ou xogamos así
  • Palabras Encadeadas: xogamos coa última sílaba ou letra. Ex: Pa-la, la- ta, ...
  • Sopa de sílabas: Que se esconde na túa sopa?
  • Buscar nunha revista ou xornal palabras que nos gustan, cortalas e facerlle un debuxo. 
  • Rimas: para rimar, só tes que pensar, que palabra usar, para rematar.
  • Que hai na miña casa? 🏠Busca obxectos na cociña, sala, baño, habitacións... e escribe o seu nome nunha libreta, papel ou enche a casa de post-it de cores!
  • Cada día recolle nunha libreta/papel a túa palabra preferida e a da túa familia. A miña é "Valente" apúntala?  
  • Escribir a lista da compra.📃
  • Escribir unha carta a alguén da familia e esconderlla na súa habitación.