KODOMO NO HI ou DÍA DOS NENOS
O 5 de maio en Xapón, celébrase a festa dos nenos e cólgase nos teitos das casas o KOINOBORI.

O koinobori é unha bandeira en forma de carpa, na que está representada a familia que vive na casa empregando diversas cores e tamaños que describan mellor a cada membro.
E por que elexiron a carpa?
Porque simboliza o poder que ten este peixe de nadar contracorrente no río, e por tanto a esperanza de crecer fortes, saudables e con prosperidade.
Como estamos a nadar entre dificultades, queriamos facer este homenaxe aos vosos fillos e fillas que están a afrontar unha situación complexa cunha valentía imensa. E como non, felicitarvos e agradecervos a vosa responsabilidade e tesón acompañándoos nun momento tan delicado.
MOITÍSIMAS GRAZAS, FAMILIAS, SODES UNHAS CAMPIOAS!
MOITÍSIMAS GRAZAS, FAMILIAS, SODES UNHAS CAMPIOAS!

Material: rolo de papel, papel de cores, pegamento, tesoiras, cordel/fío.
Procedemento: preparar as escamas de cores, decorar o rolo de papel coas escamas e cintas, poñerlle ollos, pasarlle un fío, e... listo para colgar!