Sol, soliño, quéntame un pouquiño!

Parece que pouco a pouco podemos comezar a desfrutar de pequenos praceres da nosa costa. Un dos máis esperados é poñer os pés na area das nosas fermosas praias.

Iso si, con moita precaución!



Se tedes a oportunidade de desfrutar dun ratiño alí coas vosas fillas e fillos, non deixedes pasar a oportunidade de divertirvos pintando na area:



- Os  vosos nomes ou de alguén da familia

- Formas xeométricas que dan lugar a preciosos debuxos




- Xogar a crear simetrías ou ao " Tres en raia "

 

- Pintar debuxos orixinais

- Escultor/a ou constructor/a


Pasa un bo ratiño e dalle a tua filla e fillo moito cariño... 💖









 SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e como cada ano, se rende homenaxe a unha figura literaria relevante na defensa da nosa lingua. Este ano o afortunado é:

RICARDO CARVALHO CALERO 

Naceu en Ferrol, era o maior de 6 irmáns e encantáballe ler libros. Cando foi maior, foise a estudar a Santiago de Compostela. Escribiu moitísimos libros en galego e un dos máis famosos é  “As pitas baixo a choiva”. Neste libro, conta o que lle pasou de pequeno cando quería recoller as pitas que se mollaban coa choiva e… que sucedeu? 
"Moito quería eu os animais. No curro pasaba unha gran parte do meu tempo ollando para as galiñas. Víaas escaravellar na terra, en procura de vermes e miñocas. Botáballes o millo. Recollíaos ovos que anunciaban co seu alporizado cacarexar. Cada ave tiña un nome posto por min, e eran tan estreitas as relacións entre eu e elas, que cheguei a coidar que nos comunicabamos co pensamento".


 


  • Buscar o 17 de maio no calendario.
  • Que número vai antes e despois do 17? 
  • Ver o conto
  • Estiveches atenta/o?:

-       Que  3 alimentos comen?

-       De que cor  teñen as patas as pitas?

-       Que outros animais aparecen?

-       Que 2 membros da familia do neno aparecen?

-       Que día da semana ía o pai de Ricardo á aldea? (mira no calendario e rodea)

-       Que lle facía o seu pai cando chegaba?

-       Que lle pasa as plumas das pitas segundo  o pai de Ricardo?

-       Que 2 situacións lle pasan á avoa no conto?

  • Crear unha posible portada para o conto (título e debuxo sen copiar! :) )
  • Crear unha ou varias pitas, poñerlle nomes.